文章

Paseniño, paseniño - Amancio Prada-歌词

Paseniño, paseniño - Amancio Prada

Paseniño paseniño

Vou pola tarde calada

De Bastabales camiño

Paseniño

Camiño do meu contento

I en tanto o sol non se esconde

Nunha pedriña me sento

E sentada estou mirando

Como a lua vai saíndo

Como o sol se vai deitando

Cal se deita cal se esconde

Mentras tanto corre a lua

Sin saberse para donde

Para donde vai tan soia

Sin que aos tristes que a miramos

Nin nos fale nin nos oia

Que si oira e nos falara

Moitas cousas lle dixera

Moitas cousas lle contara

Paseniño paseniño

Vou pola tarde calada

De Bastabales camiño

Paseniño

版权所有©四级英语单词   网站地图 陇ICP备2023000160号-4