Sete Chorares - Lucía Pérez
Veño arrimada a unha pena
Traio tristura na voz
No máis escuro dos días
Colleume a noite
No albor
Unha rúa de pedra mollada
Tan soa ei de vagar
Como alento dunha naiciña
Que me fala querendo chorar
Teño o silencio bagoado
Nas veas un lume rabiado
Non me gardes no olvido
Que no ceo me levas contigo
Co alento dos beizos da alma
Deixar de min quixera
Nesta beiriña do mundo
Esta dor que me enterra no mar máis profundo
A morriña nos ollos
Na gorxa o inferno
Pra min non hai maio
Pra min sempre é inverno