Camiño longo - Luis Emilio Batallan
Camiño camiño longo
Camiño da miña vida
Escuro e triste de noite
Triste e escuro de día
¡camiño longo
Da miña vida
Vereda vereda torta
En duras laxes aberta
Arrodeada de toxos
Crebada polas lameiras
¡vereda torta
Ti onde acabas
Vereda vereda fonda
De fontes tristes sen auga
Sen carballos que dean sombra
Nin chouzas que dean pousada
¡vereda fonda
Ti cando acabas
Camiño camiño longo
A choiva a neve e as silvas
Enchéronme de friaxe
Cubríronme de feridas
Camiño longo
Da miña vida
¡camiño longo
Da miña vida
¡camiño loooongo